RGPD - Cookies
Cultura

As Festas de San Froilán listas para acoller a máis de medio millón de persoas en Lugo

As festas de San Froilán, en Lugo, encherán entre o 4 e o 12 de outubro deste ano a antiga capital do reino de Galicia con máis de 200 actos, segundo anunciou este martes o seu alcalde. Este ano, o pregón correrá a cargo do xornalista e directivo de Mediaset Pedro Revaldería, o sábado, día 4 ao mediodía, xusto despois da parada de gando vacún ante a Casa do concello.

Lucía Pérez, Sés, Ara Malikian, Galaecia Big Band, En Clave de Fado e a Orquestra Boa Visto Social Club, son algún dos artistas que desfilarán polo San Froilán 2014, con actuacións que se celebrarán na praza do Seminario e na praza de Santa María.

O alcalde lembrou que, ademáis do eido lúdico, San Froilán abrangue o valor «turístico» da celebración – que o ano pasado acolleu a máis de 500.000 persoas- baseado en que se trata dunhas «festas acolledoras, cunha tradición de máis de 250 anos».

 

También te puede interesar