Vigo al día

A sede da Universidade no Berbés, estará aberta en 3 anos

A nova sede da Universidade de Vigo, na praza do Berbés, abrirá en tres anos, segundo explicou este luns a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en Vigo na sinatura da cesión de tres inmobles á Universidade.

A mesma fai unha cesión dos edificios por ‘dereito de superficie’, durante 40 anos, ao remate dos cales os inmobles –rehabilitados- retornarán ao Consorcio do Casco Vello, que é o organismo que  adquiriu- por 1 millón de euros, os números 11, 13 e 15 da praza de O Berbés-. Agora, acometerase a súa remodelación, na que investirá uns 2 millóns de euros para unificar os edificios e, xa rematados, que acollan sede institucional e o Centro de Linguas da Universidade, que ocupará unha superficie de 1.500 metros cadrados.

O seguinte paso será a exposición pública, durante 15 días, do expediente de cesión e, logo, tramitarase o outorgamento de escritura pública e a inscrición no rexistro da propiedade.

 

También te puede interesar