Comarcas

500 titulados, becados pola Deputación de Pontevedra, escollen empresas nas que traballar

Uns 500 bolseiros elixirán entre este luns e martes a empresa na que van desenvolver un ano de prácticas, financiadas pola Deputación de Pontevedra no marco do segundo Plan de Práctica Laboral. Segundo o presidente do organismo provincial esta é “unha iniciativa única en España que leva xa facilitado o acceso ao mercado de traballo preto de 2.000 pontevedreses con titulacións universitarias ou de FP».

Rafael Louzán animou aos novos bolseiros a «aproveitar ao máximo esta magnífica oportunidade» que lle pode abrir as portas do seu futuro laboral, unha cuestión para o que lles recomendou flexibilidade «ao igual que sucede coa empresa, pola vosa banda tamén debe existir flexibilidade para que exista un acordo entre as partes que vos vincule laboralmente para o futuro con esa empresa».

Louzán indicou que os técnicos da institución van velar para que as condicións laborais sexan «as conveniadas coas empresas…por iso pídovos toda a vosa colaboración e flexibilidade para que ese contrato laboral sexa duradeiro».

Todos estes bolseiros comezarán as súas prácticas o próximo 1 de outubro, con axudas de seis meses prorrogables por un ano. A contía da bolsa é de 800 € para titulados universitarios e de 700 para os de FP, que serán financiados integramente pola Deputación, que tamén correrá cos gastos dos correspondentes recoñecementos médicos.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.