Vigo al minuto

O Concello aproba 3.400 becas de libros e comedor que serán 4.100 nos primeiros días deste curso

O Concello concedeu un total de 3.400 becas de libros e de comedor a outros tantos alumnos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria de centros públicos e concertadps da cidade. O total das mesmas supera o millón de euros do cal preto de 80.000 € serán para a compra de libros e material escolar para rapaces de 3 a 5 anos, os 920.000 € restantes son para axudas de comedor.

Estas son 2.387 e as beneficiarias serán familias cunha renda de entre 3.300 e 3.500 €, que recibirán un máximo de 41 € ao mes. As axudas para libros e material escolar chegarán a máis de 1.000 rapaces que viven en familias con rendas entre 2.900 e 3.300 € e cuantía máxima por rapaz será de 80 € aos mes.

O Concello rexeitou outras 1.563 solicitudes que non cumprían os requisitos e estableceu unha lista de agarda de 416 alumnos que, segundo adiantou o alcalde entrarán nun novo proceso de asignación, “son, na maioría, rapaces que cambian de centro e non fan a solicitude ate que o traslado está aprobado…polo cal, cando se asignen estas axudas, en total se engtregarán 4.100 para libros e becas de comedor”.

 

También te puede interesar