RGPD - Cookies
Galicia

Dende 2011,a Xunta e os concellos reduciron o seu gasto en servizos sociais de 378 a 251 € por habitante e ano

Aquí é onde recortan a Xunta e os concellos

Este gasto pasou de 378,09 € por habitante e ano, en 2011, a 251,04 € este 2014, como sinala o ‘Índice DEC 2014’, elaborado pola Asociación Estatal de Directores e Xerentes de Servizos Sociais, que analiza de xeito cuantitativo os dereitos e decisións políticas, a relevancia económica e a cobertura (DEC).

O estudo sinala que en 2013 «o gasto en servizos sociais das administracións públicas en Galicia foi inferior á media estatal» nun 18,2% – o que dupón 55,87 € menos por habitante e ano-, e subliña que «solo para equipararse á media estatal», estas entidades «deberían inverter nesta materia 75 millóns máis ao ano».

O ‘Índice DEC 2014’ tamén sinala que Galicia se atopa por debaixo da media estatal se se estuda o que representa o gasto das súas administracións en servizos sociais en relación ao seu PIB: 1,26% fronte ao 1,41% de media estatal (-0,15 puntos). Ademais, detalla que nos dous últimos anos esta porcentaxe se viu reducida, pasando do 1,39% en 2011 o 1,26% en 2013 (-0,13 puntos).

Tamén indica que a porcentaxe que supón o gasto das administracións públicas de Galicia en materia de servizos sociais sobre o total da súa inversión é inferior á media estatal, cun 6,65% fronte ao 7,74%.  Así mesmo, o informe considera importante sinalar que, no total do gasto en materia de servizos sociais que realizan as administracións públicas galegas en 2013, o 76,1% do total corresponde á Xunta e un 26% ás entidades locais.

Por último, recolle que a Xunta financia un 14,18% o gasto total das entidades locais en servizos sociais, menos da metade que a media estatal que supón o financiamento autonómico ás entidades locais en materia de servizos sociais, que é do 29,93%.

 

También te puede interesar