RGPD - Cookies
Comarcas

A Deputación de Pontevedra asina convenios con asociacións de familiares de enfermos de Alzheimer da provincia

As asociacións de familiares de enfermos de Alzheimer Afapo-Pontevedra, Afasal-Salnés, Afamo-Morrazo e Afaga-Vigo asinaron este venres un convenio co presidente da Deputación de Pontevedra por un importe global de 60.000 €.

Este domingo 21 de setembro conmemórase o día mundial do Alzheimer, unha enfermidade que afecta máis de 25.000 persoas na provincia e pola que resultan implicadas – entre coidadores e familiares- máis de 100.000, segundo o voceiro das asociacións pontevedreses de familiares de enfermos.

José Carlos Rodríguez declarou que Galicia é unha “zona de especial risco” pois máis de 23% da súa poboación ten máis de 65 anos e salientou que o fundamental é dar un diagnóstico precoz así como formación aos coidadores pois, “cando non son profesionais ou os enfermos son atendidos por familiares, no 90% dos casos, son frecuentes os casos de alteracións psicolóxicas e reprodución da enfermidade”.

Pola súa banda, o presidente da Deputación destacou o bo funcionamento e coordinación das catro asociacións que, co seu traballo, «facilitan as cousas á administración e funcionan dun xeito óptimo».  Ademais das axudas establecidas polos convenios, «que non baixaron a súa contía dende o inicio da crise», segundo declarou Rafael Louzán, a Deputación achega ás asociacións outras liñas de axuda como cesión de vehículos adaptados ou organización de charlas na provincia, entre outras.

 

También te puede interesar