Galicia

Persoas relacionadas coa Asociación San Francisco cortan o tráfico en Compostela

Unhas 300 persoas relacionadas coa Asociación Galega San Francisco (Agasfra) de minusválidos cortaron o tráfico este xoves fronte á entrada do complexo administrativo de San Caetano, sede da Xunta, para esixir ao presidente Feijóo, que “reaccione” e paralice o proceso de contratación que “deixa as prazas subvencionadas do seu centro ocupacional en mans da empresa privada”.

Berrando lemas como “conselleira dimisión!” ou “¡dade a cara cabróns!” o presidente de Agasfra, denunciou que a conselleira de Benestar, non quixo recibilos dende que abriu o novo proceso de contratación. “A Xunta prefire sacar a concurso a prazas e darllas ás empresas, enganando e mentindo á opinión publica; din que non estamos legais e que nos fan un favor deixándonos presentar, pero é falso”.

O presidente da asociación sinalou que a decisión de Beatriz Mato é idiolóxica e que o presidente do Goberno galego pode frearla e que, no caso de non facelo a asociación está disposta a acudir á Xustiza e a levar o caso o Tribunal Constitucional se non se para o proceso de contratación.

 

También te puede interesar