Galicia

Persoas relacionadas coa Asociación San Francisco cortan o tráfico en Compostela

Unhas 300 persoas relacionadas coa Asociación Galega San Francisco (Agasfra) de minusválidos cortaron o tráfico este xoves fronte á entrada do complexo administrativo de San Caetano, sede da Xunta, para esixir ao presidente Feijóo, que «reaccione» e paralice o proceso de contratación que “deixa as prazas subvencionadas do seu centro ocupacional en mans da empresa privada».

Berrando lemas como “conselleira dimisión!” ou «¡dade a cara cabróns!” o presidente de Agasfra, denunciou que a conselleira de Benestar, non quixo recibilos dende que abriu o novo proceso de contratación. «A Xunta prefire sacar a concurso a prazas e darllas ás empresas, enganando e mentindo á opinión publica; din que non estamos legais e que nos fan un favor deixándonos presentar, pero é falso».

O presidente da asociación sinalou que a decisión de Beatriz Mato é idiolóxica e que o presidente do Goberno galego pode frearla e que, no caso de non facelo a asociación está disposta a acudir á Xustiza e a levar o caso o Tribunal Constitucional se non se para o proceso de contratación.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.