Vigo al minuto

O alcalde, citado polo xulgado a un acto de conciliación logo da demanda presentada pola Asocición Veciñal de Teis

Veciños de Teis nunha rolda de prensa do alcalde, o pasado 9 de abril

Como anunciou o pasado 31 de xullo, a directiva da Asociación Veciñal de Teis interpuso unha demanda de conciliación por aldraxes e calumnias, contra Abel Caballero, polas declaracións que fixo o 16 de xuño no programa “Diálogos co Alcalde” de Televigo.

Este mércores difundiu que o Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo citou o alcalde a un acto de conciliación que se celebrará no mesmo o vindeiro 8 de outubro. Caballero ten a posibilidade de non presentarse ou de facelo por medio do seu abogado, no primeiro caso a directiva da Asociación pode seguir adiante e formalizar a querela.

Nas súas declaración en Televigo, o alcalde afirmou que o Goberno local decidirá non seguir adiante co convenio que o Concello tiña asinado coa Asociación Veciñal de Teis porque os seus directivos querían “lles regalemos os cartos” do mesmo- máis de 55.000 €- “para os seus asuntos particulares”.

Estas afirmacións foron desmentidas polos directivos da asociación quenes salientaron que xustificaran todos os gastos, comparando esta xestión coa do goberno de Caballero, “no que varias das concellerías foron rexistradas por orde xudicial dentro da operación Patos, que investiga unha trama de corrupción”.

 

También te puede interesar