Vigo al minuto

Chega ‘Vigocultura’ cunha programación para adultos e maiores, na Praza do Rei, de outubro a decembro

Vigocultura, que se desenvolverá no Auditorio Municipal (praza do Rei, 1), nos meses de outubro a decembro, ofrece un programa que inclúe unha oferta diversa, con espectáculos para público adulto os venres ás 9 da noite, e para público familiar os domingos ás 6 da tarde.

En total prográmanse 17 actuacións, “atendendo aos criterios de calidade e diversidade de xéneros artísticos”, con especial atención á danza, artes escénicas para a infancia e xuventude, teatro clásico e circo; incorporación de novas linguaxes escénicas, autoría española ou diversidade territoral.

Como novidade, trece destas actuacións prográmanse a través de PLATEA (Programa Estatal de Circulación de Espectáculos de Artes Escénicas en Espacios de Entidades Locais), que ten como finalidade impulsar a programación conxunta coas compañías profesionais das artes escénicas polas entidades locais e o INAEM, para reactivar e enriquecer a programación cultural, minimizando o risco da programación conxunta a taquilla. Os restantes catro espectáculos prográmanse a través da Rede Galega de Teatros.

A programación de adultos está composta de cinco espectáculos de teatro, dous de danza, un de música e un de circo; para público familiar prográmanse oito espectáculos. As entradas terán un prezo de 8 € para os espectáculos de adultos, e para os de público familiar será 3 € ate os 12 anos e 5 € para maiores desa idade.

Ao igual que no anterior trimestre, no Hall do Auditorio Municipal haberá un buzón a disposición de todo o público asistente, para que á saída de cada espectáculo, os espectadores poidan valorar a función e formular as suxestións respecto á programación ou calquera outra manifestación.

Este xoves, día 18, poranse á venda as entradas e abonos para os espectáculos de pagamento, que poderán adquirirse anticipadamente a través do servizo de Servinova ou no teléfono 902.504.500), ou ben na Central de Espectáculos (rúa Velázquez Moreno, 26). Haberá para elixir “abonos á carta” para 5 espectáculos (15% de desconto sobre o prezo total) ou 10 (25% de desconto), e que só se poderán adquirir a través do teléfono 902.504.500 ou no despacho de billetes.

 

También te puede interesar