Galicia

Protestas contra a Lei Wert, os recortes e o despido de profesores, na visita do Rei ao Colexio Ben-Cho-Shey

O Xefe do Estado cos rapaces

Os Reis, foron recibidos este martes no colexio público Ben-Cho-Shey, no concello ourensán de Pereiro de Aguiar-o que acudiron para inaugurar o curso 2014-2015– por varios colectivos: a Plataforma Galega polo Ensino Público, que demandaba a retirada da Lomce- a popularmente coñecida como ‘Lei Wert’- e protestaba contra os recortes; membros  do profesorado Celga, pedindo a súa readmisión; un grupo contrario á Monarquía, que berraba lemas como “Galicia non ten Reis”, e un máis, da CIG, formado por unhas 30 persoas que non pudo achegarse ao lugar e que, según asegura o sindicato, foi ‘retido’ pola Garda Civil a uns dous quilómetros do centro.

Logo de saudar ás autoridades, fixeron o mesmo co director do colexio e representantes da Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) que entregaron á raiña- diante do presidente da Xunta- un sobre con varios documentos no que, indicaron, pedían un cambio de horario no centro, a mellora das instalacións, a ampliación do comedor, e peticións específicas da Asociación Galega do Síndrome de Down.

Xa dentro do Ben-Cho Shey, o Xefe do Estado descubriu unha praca na que se lembraba a súa visita, e entraron, en primeiro lugar nunha das clases de Infantil con nenos de 4 anos.

No acto institucional, o Xefe do Estado pediu un esforzo conxunto para lograr, «urxentemente, aumentar a calidade da educación» , tras constatar que segue «con problemas moi graves».

Felipe de Borbón  salientou a necesidade de «adecuar a oferta formativa á demanda da economía, adaptándoa á sociedade do coñecemento e ao mundo globalizado» e, logo, repasou algúns dos problemas que, ao seu xuízo, afectan á educación neste momento, entre os que aludiu «como feito triste e certo, o elevadísimo porcentaxe de rapaces que abandonan os seus estudios en idades temperás».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.