RGPD - Cookies
Comarcas

O mercado de Redondela na escola

Durante a mañán deste martes, o mercado redondelán acollerá aos estudantes do CEP Santa Mariña de Redondela para que no percorrido guiado polos postos de venda, teñan a oportunidade de coñecer os produtos locaisinteraccionar cos praceiros e a súa clientela.

Ás 9 e media, e cunha duración de dúas horas, comezará a visita que consistirá na exhibición do audiovisual O choco baixo as ondas da Enseada de San Simón; e a presentación da exposición co mesmo nome, formada por 15 paneis centrados na biodiversidade da Ría de Vigo, e no papel relevante do choco.

Para finalizar, haberá un pequeno aperitivo de despedida e agasallos. Ás 11 e media, será o turno do CEIP Quintela de Redondela, que realizarán as mesmas actividades que o grupo anterior.

 

También te puede interesar