RGPD - Cookies
Galicia

Compostela, entre os lugares do Estado vixiados por risco de atentado dos terroristas islámicos

Peregrinos en Compostela/Tresyuno Comunicación

O Ministerio do Interior decidiu elevar o nivel de alerta antiterrorista, de baixo a alto, xa que distintos centros, en especial os relixiosos, poderían ser obxectivo prioritario dos radicais do Estado Islámico. Maila que en Galicia non existe constancia da presenza de radicais, as forzas de seguridade terán que aumentar a vixilancia en zonas de grandes aglomeracións e medios de transporte segundo este nova escala no nivel de seguridade.

O pasado día 9 o Goberno anunciaba que o Estado pasaba a estar no ‘Nivel 2’ de alerta -amenaza en grado alto de atentado- o cal supón que Policía Nacional Garda Civil e as policías autonómicas aumenten a vixiancia nos lugares que poderían ser obxectivo do terrorismo islamista -zonas de grandes aglomeraciones, medios de transporte, infraestructuras críticas ou empresas e sedes dos Estados Unidos e o Reino Unido.

Interior salientou que esta medida non suporá variación algunha na vida normal dos cidadáns nin haber amáis axentes nas rúas, algo que sí acontecería si se chegase ao ‘Nivel 3’- risco moi alto de atentado-.

 

También te puede interesar