Galicia

@s traballador@s galeg@s @s segund@s coa xornada laboral máis longa do Estado

Lonxa de Vigo/Tresyuno Comunicación

Así o subliña un traballo elaborado pola empresa Randstad-baseado en datos do Instituto Nacional de Estatística (INE)– no que se indica que @s madrileñ@s, galeg@s e castelán-mancheg@s e son @s que realizan un maior número de horas efectivas no seu posto de traballo.

O cálculo da xornada media realízase a partir de tres variables: horas anuais pactadas, extraordinarias realizadas e non traballadas (vacacións, días libres, baixas por enfermidade e outras).

Randstad conclúe que @s traballador@s da Comunidade de Madrid son os que realizaron un maior número de horas de traballo no primeiro trimestre de 2014, cunha xornada media efectiva, por traballador e mes, de 141,4 horas. Galicia e Castilla-La Mancha, ambas as dúas cunha media de 137, seguen a Madrid, mentres que Andalucía e Valencia, ambas as dúas rexións cunha xornada media efectiva de 131 horas, se sitúan na posición contaria.

Ao sumar as horas traballadas no primeiro trimestre, cada traballador da Comunidade de Madrid acumulou 424, e os de Galicia e Castilla-La Mancha, ao redor de 411 horas. En canto ás comunidades con xornadas laborais máis curtas, Andalucía e a Comunidade Valenciana suman, cada unha, 393 horas nos tres primeiros meses do ano.

A xornada laboral efectiva no Estado baixou un 1,9% dende 2008, posto que o tempo medio efectivo por empregado e mes se situou en 134,9 horas no primeiro trimestre, fronte ás 137,5 de 2008. Non obstante, ao comparar os datos cos do mesmo período de 2013, a vai un aumento dun 2,1%.

 

También te puede interesar