Vigo al minuto

O Tribunal Superior de Xustiza considera ilegais as obras do Porto, paralizadas hai anos, e que costaron 2 millóns de

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) deu a razón ao Concello no proceso iniciado pola administración local en contra da Autoridade Portuaria, pola realización de varias obras no peirao de comercio e na zona das antigas naves de redeiros.

No seu día, o Concello presentou un contencioso administrativo contra as resolucións do Porto – presidido por Corina Porro- que aprobaron o proxecto, licitación e adxudicación das obras no no popular’Alpendre’ do peirao de Comercio, e nas antigas naves de redeiros, onde se ían instalar locais de restauración vinculada á pesca fresca.

O Tribunal Superior estimou ese recurso, e considera que esas resolucións do Porto «non son conformes a dereito» e, polo tanto, as anula xa que estima que esas obras non se axustaban ao Plan Especial do Porto e non tiñan licenza municipal.

«Gañámolo todo, o ditame anula eses actos do Porto, e agora ¿quen paga os 2 millóns que costou todo aquilo?«, declarou o alcalde en relación ás obras paralizadas dende hai anos e nas que, daquela, a presidenta do Porto colocou un cartel nas que advertía que estaban asi ‘por resolución do Concello’, cartel que mantivo durante varios meses o seu sucesor á fronte da Autoridade Portuaria.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.