Galicia

Lugo, a cidade do Estado máis barata para ir de viaxe

Lugo é a cidade do Estado que ten os precios máis baixos para viaxar, segundo a web de viaxes TripAdvisor que publica un estudo con prezos dunha noite para dúas persoas nas principais cidades españolas. No caso de Lugo ese prezo é de 115,73 €, cos que se pagarían unha noite nun hotel de catro estrelas, cocteles para dous, unha cea de dous pratos cun viño da casa e un taxi de ida e volta.

No grupo das cinco cidades máis económicas estaría tamén Ourense, ademáis de Murcia, Badaxoz e Castellçon, con prezos que van dos 115, 73  e 124,23 €.

O dobre de caro que ir a Lugo é facelo a Barcelona- a cidade máis cara- no que todo o anterior tería un custo de 229,11 €, por diante dos 221,43 de Ibiza. O prezo dunha noite na capital catalana é de 145 € polo hotel- polo mesmo, en Tarragona, poden cear dúas persoas, coller un taxi, pasar unha noite nun bo hotel e ainda sobrarialles. Tres veces menos costaría durmir en Castellón: 52,05 €.

Os resultados de TripIndex amosan que Huesca é cidade máis barata para xantar: aquela cea sairía por 35,23 €; mentres que coller un taxi en Las Palmas costaría 5,8 €, a metade que en Compostela- 11,02 €, e casi a terceira parte que en Barcelona- 14,82 €.

 

También te puede interesar