Comarcas

A Xunta négase a facilitar os datos sobre o número de galeg@s multados por acudir a manifestacións

Iso foi o que manifestou o director xeral de Emerxencias e Interior para xustificar non entregar ao Parlamento os datos sobre o número de manifestacións en Galicia o ano pasado e, sobre todo, o número de participantes nas mesmas que foron multados.

Nunha breve comparecencia na correspondente comisión do Parlamento, Santiago Villanueva- que ate renunciou ao seu segundo turno de resposta- respostou ao deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Xabier Ron que esa é unha competencia estatal e que por iso non podía facilitar os devanditos datos. Mesmo subliñou que os mesmos non están en poder do Goberno galego.

O que sí confirmo é que a Policía Autonómica “non multou a ninguén” por participar en manifestacións e remitiuse á Administración do Estado sobre o que fixeron o reso dos Corpos de Seguridade. O deputado nacionalista lamentou que tampouco o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, tampouco facilite os datos.

Hai que lembrar que, so no caso dos Afectados polas Preferentes da Plataforma do Baixo Miño, as multas impostas por manifestarse para esixir os seus aforros, achéganse aos 20.000 €, a terceira parte dos cales reclámanse ao seu voceiro, que xa estivo diante da Xustiza, en varias ocasións, por este motivo.

 

También te puede interesar