Vigo al día

Denuncian que o novo hospital terá 800 camas, lonxe das 1.465 anunciadas

Segundo os sindicatos, nos datos do Servizo Galego de Saúde (Sergas), recoñécense que no novo hospital hay un “recorte escandaloso no número de camas operativas” que, denuncian, non chegarían a 800 e que, “no mellor dos casos” 640 delas serían individuais. En calquera caso, subliñan, “a disponibilidade máxima poñendo 2 camas por habitación cgegarían ás 1.100, lonxe das 1.465 acordadas”, unha situación que, aseguran, “nos sitúa á cola dos países europeos en número de camas hospitalarias, con 3,1 por cada 1.000 habitantes”.

As centrais sinalan que tendo en conta o peche do Xeral, Políclínico Cíes e Rebullón, “Vigo seguirá tendo o mesmo déficit de camas e seguiremos tendo os mesmos colapsos en Urxencias xa que ademáis do recorte de camas hai un recorte de boxes de observación”.

Os sindicatos advirten de que os recortes son tamén en servizos sanitarios e na dimensión do hospital dun 40%. “A privatización de servizos e traballadores e entregar o sector privado diferentes explotacions, como son cociñas , lavandería , mantemento , e como o caso do parking que pasa de ser gratuito para os usuarios a pagar cando pola ubicación do hospital será difícil prescindir do coche e imposible aparcalo fora de dito parking”.

Na súa opinión, “a Xunta convertiu a necesidade dun hospital público que dera servizo a 560.000 habitantes da nosa área sanitaria, nun negocio privado e altamente rentable e sin ningún tipo de risco” e un hospital que tiña que ser o millor de Galicia e dos millores de Europa, pasa a ser un hospital con recortes de servizos e camas e “cun custe entre 4 e 5 veces superior que si fora público”.

Os sindicatos afirman que “á fronte do actual complexo hospitalario, temos a un directivo do lobby sanitario SEDISA e así difícilmente pódese defender unha sanidade pública e de calidade”.

 

También te puede interesar