Vigo al día

A Asociación Viguesa pola Memoria Histórica felicítase da sentenza que obriga a tirar a Cruz do Castro

Membros da Asociación pola Memoria Histórica, este luns, en Vigo/Tresyuno Comunicación

Representantes da Asociación Vigues pola Memoria Histórica do 36, felicitáronse este luns pola sentenza que obriga ao Concello a derrubar a “cruz franquista do Castro” e que, segundo lembrou o representante desta asociación, “culmina un proceso iniciado en 2008” e restitue, “preto de 80 anos despois” a memoria dos que defenderon a legalidade da República fronte ao golpe de Estado de Franco.

Manuel Reinoso sinalou directamente ao alcalde como culpable de que “este monumento fascista, o símbolo máis visible da ditadura na cidade” non fose derruido antes. Reinoso lembrou que “Abel Caballero ignorounos como se fósemos escoria” logo de presentar numerosos escritos, “e mesmo máis de 4.000 sinaturas de veciños de Vigo”, pedindo que se tirase a Cruz.

“Coa súa prepotencia antidemocrática non fixo caso algún das nosas peticións” nin de as mocións presentadas diante do Pleno neste sentido. Reinoso calificou esta loita como de “David contra Goliat” e subliñou que o alcalde “nos non deixou máis alternativa que acudir á Xustiza e non tivo problema en empregar os medios da Administración local contra nos”.

O voceiro da Asocicación, que estivo acompañado polo presidente da mesma, Telmo Comesaña, e unha das súas directivas, Margarita Caballero, lembrou a varios dos compañeiros da asociación que morreron sen ver este momento e indicou que o motivo de convocar aos medios de comunicación no Museo Marco foi porque “en 1936 e nos anos seguintes este foi o museo da morte, onde se vivieron paseos e mortes”.

 

También te puede interesar