RGPD - Cookies
Galicia

Aberto o prazo para que as familias con menos recursos poidan solicitar o ‘ticket eléctrico’

14.000 familias galegas poden beneficiarse da posibilidade de solicitar o tícket eléctrico que reduce o custo da factura enerxética aos fogares con menos recursos. Para acadalo, os interesados poden solicitar o tícket ata o vindeiro 5 de novembro por dúas vías: a través da sede electrónica da Xunta –https://sede.xunta.es– ou da web do Instituto Enerxético de Galicia –www.inega.es-.

Este tícket está dirixido ás familias galegas con fillos menores de idade ao seu cargo e cuxos ingresos non superan o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM). A medida sumarase aos beneficios da nova TUR –antigo bono social-, acadando deste xeito aforros de ata un 40% na factura. Neste sentido, o tícket reportará 90 € ás familias beneficiarias, incrementándose ata os 120 € no caso das numerosas. Terá unha duración dun ano correspondente aos meses de xaneiro a decembro de 2014.

 

También te puede interesar