Vigo al minuto

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia denuncia o retraso no pago do ‘Cheque social’

Persoas solicitando as axudas no Concello/Tresyuno Comunicación

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia, ven de denunciar que pasada xa unha semana de setembro, aínda están sen resolver as axudas do «Programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación» – o popular ‘cheque social’.

Nunha nota enviada aos medios, a asociación subliña que o artigo 13.5. das bases desta convocatoria sinala que «o prazo máximo para resolver e publicar a resolución do procedemento non poderá exceder de tres meses, contado desde a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP)», pero todo indica, “segundo sinalan responsables de benestar social”, que, como xa aconteceu o ano pasado,” incumprirán o establecido nas bases e a resolución non estará para o 17 de setembro, data na que expira dito prazo”.

Para a asociación, hai un “exceso de celo municipal á hora de esixir a acreditación de todo tipo de situación”, que se evidencia nas numerosas peticións de documentación adicional nas últimas semanas a un gran número das persoas que demandaron a axuda o cal, denuncia, “semella responder a unha dobre estratexia: gañar tempo e introducir novos atrancos que desboten a máis solicitantes do acceso a estes cartos”.

Mentres esto acontece, indica, “nos obrigan a agardar polos seus ritmos, e temos que ficar á espera dunha resposta do departamento dirixido por Isaura Abelairas”. A Oficina de Dereitos Sociais lembra que os poderes privados “a banca, FENOSA ou Aqualia, non entenden de atrasos nos pagamentos sempre e cando sexamos nós os afectados e quitas, renegociacións ou demoras, só están ao alcance dos grandes capitais”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.