Vigo al día

Unha sentenza obriga ao Concello a adoitar as medidas para a retirada da Cruz do Castro

Cruz do Castro/Tresyuno Comunicación

A mesma foi ditada o pasado día 4 de setembro polo xulgado número 2 de Vigo, en relación ao recurso contencioso-adminitrativo presentado pola Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36.

O Pleno do Concello, con votos de PP e PSOE, opúxose en varias ocasións ao derrubo, a última vez 0 9 de setembro de 2013, data na que foi rexeitada unha moción do BNG que pedía a súa demolición entendendo que a cruz era un “emblema fascista, inaugurado polo ditador Francisco Franco”.

A Cruz do Castro, de 12 metros de altura, foi resultado dunha iniciativa da Xefatura Local da Falange Tradicionalista y de las JONS, que foi quen escolleu o seu emprazamento,  aprobada pola Comisión Municipal Permanente do Concello franquista o 12 de agosto de 1959. Foi inaugurada o 14 de setembro de 1961 coa presenza de Franco.

 

También te puede interesar