Vigo al minuto

Unha sentenza obriga ao Concello a adoitar as medidas para a retirada da Cruz do Castro

Cruz do Castro/Tresyuno Comunicación

A mesma foi ditada o pasado día 4 de setembro polo xulgado número 2 de Vigo, en relación ao recurso contencioso-adminitrativo presentado pola Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36.

O Pleno do Concello, con votos de PP e PSOE, opúxose en varias ocasións ao derrubo, a última vez 0 9 de setembro de 2013, data na que foi rexeitada unha moción do BNG que pedía a súa demolición entendendo que a cruz era un «emblema fascista, inaugurado polo ditador Francisco Franco».

A Cruz do Castro, de 12 metros de altura, foi resultado dunha iniciativa da Xefatura Local da Falange Tradicionalista y de las JONS, que foi quen escolleu o seu emprazamento,  aprobada pola Comisión Municipal Permanente do Concello franquista o 12 de agosto de 1959. Foi inaugurada o 14 de setembro de 1961 coa presenza de Franco.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.