Vigo al día

O traslado de todos os servizos ao novo hospital, a vindeira primaveira

Segundo a planificación da Estructura Organizativa da Xestión Integrada de Vigo, que foi remitida, este venres, polo seu xerente a a xefes de servizos, supervisoras e mandos intermedios do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI), o traslado de servizos ao novo hospital iniciarase na primavera de 2015 e durará uns sete meses.

Ese plan de traslado, que aínda será definido e concretado, prevé que o traslado se inicie coa parte ambulatoria, seguida da área de hospitalización e, finalmente, as Urxencias. Así, espera que todos os cambios estean concluídos a finais do ano próximo.

Segundo a devandita planificación, os cambios faranse tendo en conta a complexidade dos servizos- de maior a menor- garantindo o funcionamento de cada unidade e especialidade e no menor tempo posible.

 

También te puede interesar