Comarcas

Este domingo, Redondela irá sobre rodas…sobre dúas rodas

O concelleiro de Deportes e o alcalde de Redondela, Javier Bas, este xoves na presentación da Marcha/Tresyuno Comunicación

Se o teu é a bicicleta, tes que ir a Redondela este domingo, día 7. Alí os amantes das dos rodas teñen unha cita na ‘Marcha ciclista’, organizada polo Concello e na que varios comerciantes locais aportan bicicletas e material deportivo que se sorteará ao final do percorrido.

Este 2014, o mesmo volta a Cesantes, saindo dende o centro e trancurrindo polo casco urbán. En total, segundo indicou o alcalde, Javier Bas, 7 quilómetros pensados para que poida participar todo tipo de deportistas, dende os cativos ata os máis veteráns.

A marcha sairá ás 11 e media- ainda que unha hora antes haberá que facer a inscripción, á carón da Casa do Concello- e parará en Cesantes para facer o ‘avituallamento’ e voltar aos centro. Ao final do percorrido será o sorteo de 8 bicicletas e distinto material de deportes.

Un ano máis, os participantes deberán levar, obrigatoriamente, o casco, ainda que si non teñen bici a Concellería de Deportes ten 25 dispostas para aqueles que as precisen. Javier Bas salientou que  o obxectivo desta iniciativa, “na que agardamos superar os 600 participantes do ano pasado” é darlle visibilidade a un deporte que practican de xeito habitual moitos dos redondeláns, en especial os fins de semana e no verán.

 

También te puede interesar