RGPD - Cookies
Comarcas

Redondela remata a mellora da fervenza do Reboreda

O alcalde de Redondela visitou estos días a fervenza de Reboreda, no río Alvedosa, ao seu paso por  Couto, para ver o estado do proxecto de recuperación do entorno. Javier Bas subliñou que neste proceso foi “fundamental” o traballo dos veciños, dado que nos había aceso público para chegar ao lugar no que se atopa a cascada e cederon os terreos precisos, “sen contraprestación económica” para que fose posible facer unha pista transitable.

O proxecto contou cun orzamento de máis de 32.000 €, procedentes dunha subvención recibida polo Concello do Programa Europeo de Desenvolvemento Rural Leader.

As actuacións acometidas foron a limpeza das beiras do río, a retirada de lixo, a mellora do entorno, facendo unha ponte de madeira, o revestimento con pedra do país na ponte que xa había, e a reconstrucción dun muro de contención. Ademáis acometeuse a señalización do lugar con paneis que facilitan a súa localización aos visitantes.

 

También te puede interesar