RGPD - Cookies
Galicia

Pechada, de novo, ao tráfico, a A-8, entre os concellos lucenses de Mondoñedo e Abadín

A Autovía do Cantábrico, A-8, permanece pechada dende a tarde do domingo en ambos os dous sentidos entre os concellos lucenses de Mondoñedo e Abadín a causa da néboa. Segundo informou a Dirección Xeral de Tráfico (DGT), a A-8 está cortada entre os quilómetros 536, en Mondoñedo, e 552, en Abadín.

Os cortes en ambos os dous sentidos desta autovía foron constantes despois de que, a finais do mes de xullo, un accidente en cadea con case medio centenar de vehículos implicados rematase unha muller falecida e varios feridos.

O Goberno xa advertira de que o tramo da A-8 afectado pola néboa manterá os peches temporais ata que se implanten as medidas de seguridade proxectadas polo Ministerio de Fomento.

 

También te puede interesar