Vigo al minuto

Empeza a ampliación de Rande coa expropiación de fincas no propio Rande e Chapela

Proxecto de ampliación da Ponte de Rande

A falla de que se adxudique definitivamente a ampliación da Ponte de Rande en algo máis de 144 millóns de euros (24.000 millóns das desaparecidas pesetas), o Boletín Oficial do Estado deste xoves anuncia a expropiación forzosa de máis de 7.500 metros cadrados, que afectan a 70 fincas do propio Rande e da parroquia de Chapela.

Segundo o anuncio, a expropiación non afectará a parcelas enteiras-agás a dous propietarios de Rande-ainda que sí suporá o derrubo de 12 casas, 9 delas en Chapela. Os propietarios máis afectados polas expropiacións son o Concello de Redondela e a empresa Tranvías Eléctricos que, entre os dous perden algo máis de 2.000 metros cadrados.

A última semana de setembro, en Redondela, farase a ocupación das propiedades e, antes de finais deste 2014 empezarán as obras que, dacordo cos prazos adiantados polo Ministerio de Fomento, ten un prazo de execución de 2 anos e medio, polo cal estaría en funcionamento nos primeiros meses de 2017.

Eso sí, a ponte non será gratuita para os usuarios da AP-9…para pagala Audasa, concesionaria da Autopista, ten previsto unha suba das peaxes.

 

También te puede interesar