Deportes

Conta atrás para a baixada de carrilanas en Bembrive

O sábado 30 de agosto, terá lugar a IV Baixada de carrilanas Cidade de Vigo – 2014. A proba deportiva organizada polo Clube de Carrilanas Run-Run, en colaboración coa Entidade Local Menor de Bembrive, será puntuable para o campionato de ámbito galego nesta modalidade.

A actividade disputada na Subida ao Campaneiro e no Camiño da Capela, comezará coa primera baixada cronometrada ás 15:30 horas e o seguinte descenso ás 17:00 horas. A continuación, a baixada de exhibición e a entrega de premios no pavillón polideportivo Vicente Álvarez.

As categorías competidoras serán GX, G1 (rodas de goma –3 rodas-), G2 (4 rodas), CX, R1 (individual), R2 (colectivo), madeira, GB, e lixeiras de exhibición. Pola mañán serán as verificacións técnicas e administrativas, xunto aos entrenamentos. Chegada á tarde, a partires das 15:30 horas os cativos poderán disfrutar de xogos hinchables e animación frente ao pavillón polideportivo, de carácter gratuíto.

También te puede interesar