RGPD - Cookies
Vigo al día

Folga indefinida na compañía auxiliar de automoción Denso

Concentracións anteriores ás portas de Denso. Imaxen: CIG

Comezou a primeira xornada de folga indefinida convocada en Denso, a empresa auxiliar de automoción con sede no polígono Valadares (Vigo), contra os incumprimentos en materia de contratación. A iniciativa foi secundada pola totalidade do persoal de produción, rexistrándose actividade únicamente nas oficinas, según informa a Confederación Intersindical Galega (CIG).

Con anterioridade, o organismo realizou concentracións para reclamar cambios no convenio laboral, rexeitando a precariedade nos postos de traballo ante as portas da fábrica. Dende o comité de empresa, adiantan que o paro continuará en activo ata que a compañía atenda as súas demandas.

A CIG critica que a nova proposta en materia de contratación trasladada onte pola dirección na mediación do AGA (Acordo sobre Solución Extraxudicial de Conflitos Colectivos de Traballo) “é peor que a anterior”. Ambas partes retomaron as conversas esta tarde. Os representantes do persoal confían en lograr un acordo, aínda que critican a actitude “prepotente e inmobilista” da dirección da empresa para pactar unha solución.

 

También te puede interesar