Cultura

A Esmorga, unha estrea que arranca a nova edición do Festival de Cine Internacional de Ourense

 

O director de A Esmorga, Ignacio Vilar, acompañado polos actores, Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán 'Morris'

A piques de celebrar os 19 anos en activo, o Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) terá lugar do 15 ao 23 de novembro. A nova edición presentará a estrea do filme galego A Esmorga, unha adaptación cinematográfica da novela do escritor ourensán Eduardo Blanco Amor. A película, baixo a dirección de Ignacio Vilar, poderá disfrutarse na inauguración do evento audiovisual.

O filme, protagonizado polos actores galegos Miguel de Lira e Antonio Durán “Morris, xunto o artista vasco, Karra Elejalde; dan vida aos tres persoaxes principais dunha noite de esmorga pola vila ourensana. A peza audiovisual, grabada completamente na provincia de Ourense a partir de febreiro, recrea espacios da obra como o Casco Vello ou a Praza Maior.

En 1996 nace o Festival de Cine Internacional de Ourense, que cada ano presenta producións audiovisuais, tanto da comunidade galega como de países extranxeiros, con un nexo común, unha temática comprometida e innovadora. A primeira proxección foi La moños, da realizadora Mireia Ros.

 

También te puede interesar