Galicia

Sindicatos denuncian o “aforro” de 300 millóns en prestacións por desemprego en Galicia e piden que volvan ás familias

As centrais sindicais aseguran que, a finais deste 2014, o aforro en Galicia en prestacións por desemprego debido á “perda de cobertura tan alarmante” superará os 300 millóns de euros. Por elo esixen que esa cantidade “debe retornar para dar ingresos abondos ás familias e inverter en políticas activas”.

Os sindicatos denuncian que as políticas “conservadoras e de axuste, que impoñen os gobernos do PP, contribúen ao mantemento de altas taxas de desemprego e tamén ao incremento das persoas desempregadas que non cobran ningún tipo de prestación ou esta é tan reducida que non lle permite garantir un mínimo para subsistir”.

En 2013, subliñan, o gasto en materia de prestacións por desemprego en Galicia foi de 1.635 millóns de euros, cando en 2012 fora,, de 1.740 millóns. A variación foi, así, de 105 millóns, un 6,1% menos, “cantidade que, evidentemente, está a aforrar e que é de dereito que retorne cara aos que máis o necesitan, os desempregados e as súas familias”.

No que vai de 2014, indican,esta tendencia “se acentúa aínda máis: o acumulado a xuño en gasto por prestacións é de 726,3 millóns e no mesmo mes do pasado exercicio ascendía 871,7 millóns, unha diferenza xa do 16,7%, superando en 10 puntos o que sucedía cos datos de 2013 en relación con 2012″. Isto pon de manifesto, “unha evolución progresiva cara ao aforro en coberturas”.

 

También te puede interesar