O sábado 23 de agosto abrirá as suas portas ó público o circuito de Pump Track-Dirt Jump. O circuito comenzará a súa andaina nun acto de inauguración que comezará ás 5 da tarde e pechará cunha cronometraxe ás 8.
Os interesados e interesadas en participar na carreira poderán realizar a súa inscrición enviando as solicitudes que xa teñen a disposición na Concellería de Deportes e na web do concello ó correo electrónico: [email protected] ou realizando a inscrición dúas horas antes nas instalación do propio circuíto. Se precisan ampliar información poden dirixirse a Concellería de Deportes ou a través do correo electrónico [email protected]
A Asociación Made in Salceda, que se encarga de organizar esta actividade, xunto coa Concellería de Deportes, sinala que “preparamos as instalacións nas que se vai realizar esta cronometraxe de pump track, buscando a diversión sen esquecer a velocidade e a fluidez particular deste tipo de circuítos e convidamos a todos aqueles e aquelas que practican este deporte a disfrutar dunha tarde na que se xuntará deporte e diversión”
Marina Cabaleiro, tenente alcalde e concelleira de deportes de Salceda, sinala a importancia de proporcionarlle instalacións ós deportes minoritarios, para que a xuventude teña espazos donde entrenar en condicións seguras e convida a todos e todas a coñecer estas novas pistas deportivas situadas o carón do CDL de O Torrón.