Comarcas

Ainda que o BNG di estar en contra das touradas, o alcalde de Pontevedra da 47.500 € á empresa que xestiona a praza de touros da cidade

Spanish toureiro with bandeira nacionalista na praza

Unha cousa é o que se fai para ‘consumo interno’ dentro do Bloque e outra xestionar os recursos públicos do concello. Iso pode explicar porqué o goberno local de Pontevedra, encabezado polo nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, aprobou a renovación do ‘convenio de colaboración’ coa empresa da Praza de Touros da capital por 47.500 €- preto de 8 millóns das desaparecidas pesetas-.

A cambio desta aportación de cartos dos veciños de Pontevedra, a empresa que xestiona a praza cede a mesma para a Cabalgata de Reis, a Feira Franca ou calquera evento que necesite o Concello, sempre que a compañía reciba aviso con antelación dabondo e as datas reservadas non coincidan cos da Feira Taurina.

Non so o alcalde– que é membro do BNG de Pontevedra, formación que apoiou a recente manifestación, organizada na cidade, contra as touradas- mantén unha postura dentro do partido e outra no Concello, tamén o fai, segundo Anova, o concelleiro de Sanidade Animal, Miguel Filgueira quen, din dende esta formación política, acude á praza como membro dunha peña e, cubrindo todos os espacios, milita no Bloque, que está en contra das touradas.

 

You may also like