Preto dun cento de persoas atenderon este xoves a convocatoria da Rede de Solidariedade Popular– integrada pola Federación de Veciños (Favec), o colectivo O Imán e asociacións sindicais e cidadás- e pedíronlle ao alcalde, diante da entrada do Concello, que “saia do despacho, fale coa xente da rúa e atenda os seus problemas”.
A mobilización estivo motivada polos “centos de axudas que solicitadas por persoas que están nunha situación extrema e que seguen paralizadas, dende hai moitos meses, no concello”. Por iso pedíronlle a Abel Caballero que atenda as mesmas, “porque a xente come todos os días e non pode seguir agardando” e que dote de máis orzamento á Consellería de Benestar, “ou vaise a producir unha crise social que non terá marcha atrás”.