Galicia

A conselleira do Territorio subliña que é “unha alternativa viable” quitarlle a concesión da Autoestrada AP-9 a Audasa

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, declarou este sábado que é “unha das alternativas viables” retirarlle a concesión da AP-9 a Audasa por estar na Lei de concesións.

Ethel Vázquez subliñou, en declaracións aos xornalistas, que a autoestrada do Atlántico, que considera unha “infraestrutura troncal en Galicia”, é competencia do Ministerio de Fomento e agradeceu o “traballo que está a facer o ministerio, porque a ministra xa mandou inspectores, abriu un expediente e mandou unha mensaxe clara, unha mensaxe que pode resolver a concesión”.

A ministra Pastor advertiu, hai unha semana, a Audasa, con abrirlle un “expediente de anulación da concesión” se non solucionaba a “reiteración de atoamentos” neste vial. Así mesmo, Fomento enviou inspectores para comprobar “in situ” a situación nas peaxes, unha medida que “non se fixo nunca na historia da autoestrada”, dclarou a ministra.

A conselleira asegurou que o Goberno galego fará “todo o que estea nas súas mans e na lei”, para “garantir o servizo aos cidadáns”.

 

You may also like