Comarcas

Marín volve a ter auga seis días despois

O lugar da avaría

A avaría que o pasado sábado, deixara sen subministración de auga a uns 5.000 marinenses das parroquias de Seixo e Loira, está reparada. Durante estes días os veciños se abasteceron de forma limitada a través das reservas dispoñibles nos depósitos municipais, reforzados con bombas aceleradoras de presión, o que fixo que so dispuxesen dunha hora de auga diaria.

Dacordo co goberno local de Pontevedra, a pesar da “complicación” que presentaba a rotura, localizada nun colector situado na avenida Corbaceiras, os traballos desenvolvéronse “segundo os prazos previstos”.

Os técnicos do concello de Marín volveron subministrar auga pola canalización reparada para que os depósitos municipais recuperen a normalidade paulatinamente. Non obstante, a consecuencia dos aumentos e diminucións de presión, detectáronse roturas nas canalizacións de distribución, problemas que xa están arranxando os técnicos municipais e que afectan as rúas Jaime Janer, Ezequiel Massoni, Estivada e Bouzón.

 

You may also like