Cultura Vigo al minuto

Fan unha petición en change.org en defensa da cultura e os artistas de Vigo

Un artista vigués, Pablo Rodríguez ven de lanzar unha petición en change.org en ‘Defensa da Cultura viguesa’ na que asegura que “en Vigo, os artistas sentímonos desprazados polo favoritismo e a mala xestión cultural dos gobernos”, unha situación que, indica, afecta a músicos, artistas plásticos, poetas, artes escénicas e de toda índole cultural que “carecen de salas onde poder ofrecer os nosos traballos”.

Rodríguez reclama un Vigo aberto á expresión cultural e se pregunta “¿Por qué non usamos os nosos escaparates máis importantes para dar mostra da cultura da nosa cidade? ¿Por qué espazos abertos como Castrelos están só abertos a espectáculos de artistas de fóra? ¿Por qué propostas de organizadores e produtores da cidade non chegan ó destino e quedan nos despachos do concello, mentres as contratacións de fóra corren sen parar?” e esixe que Vigo esté  cheo de arte nas rúas, con festivais locais en Castrelos, Samil, O Castro, con obras de teatro nas salas e con máis apoio á cultura da cidade.

Por todo elo pide parar “o monopolio de activos empresariais que deixan fóra dos circuítos ós nosos artistas e xeran a frustración nos nosos xoves” e que “as xestións culturais as manexe xente con coñecemento da causa e non atoparnos con situacións coma as que xorden día a día como que un representante cultural non saiba que é un “jack” ou que teñas que explicar que é un “rider técnico”.

Para isto, tras esta petición, convocará unha reunión para ve-las necesidades actuais “e poder dar cara á mesma, invitarase a tódolos firmantes a un gran evento para sumar máis firmas e facer chegar esta causa ó seu logro”.

 

También te puede interesar