Vigo al minuto

Guía xeolóxica para coñecer mellor as Illas Atlánticas

Parques Nacionais en colaboración co Instituto Xeolóxico e Mineiro de España, editou a ‘Guía xeolóxica do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia‘, unha publicación que axuda a comprender os procesos xeolóxicos que configuraron a paisaxe dos arquipélagos e das súas áreas mergulladas.

A guía iníciase cunha análise dos procesos xeradores do actual relevo das Illas Atlánticas. A través de textos sinxelos e múltiples debuxos e fotografías, explícanse as principais claves da súa historia xeolóxica, a metamorfose das rochas e a evolución da súa paisaxe.

Na segunda parte ofrécense distintos itinerarios para percorrer as illas de Faro, Monteagudo, San Martiño, Ons e Onza, Sálvora e Cortegada. Nas diferentes rutas destácanse os enclaves de maior interese e seapuntan curiosidades dos seus afloramentos rochosos e praias.

Ao final da guía inclúese un glosario de termos xeolóxicos, así como unha lista de publicacións que agrupa mapas xeolóxicos de divulgación e algúns artigos científicos sobre aspectos concretos da xeoloxía do Parque Nacional.

O libro pódese adquirir a través do departamento de publicacións do Organismo Autónomo Parques Nacionais no correo electrónico [email protected].

 

You may also like