Galicia

O presidente Feijóo xustifica os recortes aos dependentes para que “máis xente poida cobrar unha parte da dependencia”

O presidente da Xunta afirmou este martes que os recortes nas prestacións de dependencia proceden do ámbito estatal e xustificounos no “obxectivo de que haxa máis xente que teña algunha percepción: o obxectivo é intentar que a xente poida cobrar unha parte da dependencia”.

Preguntado polos xornalistas Feijóo apuntou que en 2009 eran 14.000 os dependentes que en Galicia cobraban “cada mes”, mentres que agora a cifra supera os 39.000.

“O que imos facer é proseguir con este obxectivo de que haxa máis xente que teña algunha percepción da lei”, e adiantou que o goberno galego fará “exactamente o mesmo que o conxunto de España:aplicar a lei”.

O presidente repetiu que “pode haber xente que teña unha renda de dependencia consolidada” mentres outra “moita xente” está “esperando sen ningún tipo de renda. O obxectivo é que haxa máis xente que teña algunha renda”.

Para o xefe do Goberno “o lóxico é priorizar a todos”, xa que “nun Estado de Dereito todos teñen dereito a algún tipo de prestación”.

Preguntado sobre a posibilidade de que haxa dependentes que deban abandonar as súas residencias ao non poder facer fronte ao seu custo, Feijóo considerou que esas “expulsións” son “decisións que corresponden, sen ningunha dúbida, ás persoas en función das contías” que teñan. “Nós o que temos que facer é cumprir a lei, que pretende priorizar aos grandes dependentes e que haxa un número moito máis importante de persoas que poidan ter algunha percepción”, incidiu.

Novas relacionadasEl Sistema para la Autonomía y Atención a la Dependencia (SAAD) ha perdido una media de 3.413 beneficiarios al mes durante este año. El 44% de las personas dependientes que tienen reconocido el derecho a recibir algún servicio o prestación en Galicia no recibe atención. Los recortes afectarán a los 442 € que cobra un dependiente, no a los 1.800 € de gastos para vivienda de los ministros. La Xunta está al día con el pago a grandes dependientes pero hay más muertos que vivos con derecho a cobrar.

 

You may also like