Sucesos

Unha persona morreu e 73 resultaron feridas, a pasada fin de semana nas estradas galegas

O 061 asistiu  durante esta fin de semana, a 73 persoas por 54 accidentes de tráfico nas estradas galegas, que se produciron dende as 3 da tarde do venres á medianote deste luns. A central de coordinación del 061 recibiu nestes días 64 chamadas relacionadas con accidentes de tráfico xerando 54 asistencias por parte do seu persoal.

Por provincias, foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes, 30, por diante dos 15 de A Coruña, 8 de Ourense e 1 de Lugo.

As ambulancias medicalizadas asistiron a 7 sinistros, o helicóptero a dous, as ambulancias asistenciais a 54, e os médicos de Atención Primaria a 5. En 65 casos os feridos foron ingresados, en catro, atendidos no mesmo lugar do incidente, 3 acudiron a un centro de atención primaria e unha persoa morreu no mesmo lugar do acidente.

 

You may also like