Destacados

Os veciños de Marín so terán auga unha hora ao día

Marín

O goberno local de Marín ven de pedirlle aos veciños que consuman o mínimo de auga e o fagan de xeito “responsable” logo da rotura, esta fin de semana, do tubaxe xeral en Pontevedra e que deixou sen auga a boa parte do concello marinense.

As tarefas de reparación durarán “dous ou tres días”, cando menos, polo cal foi necesario aprobar restricións no suministro que, segundo soubo esta redacción, será dunha hora diaria.

As obras de reparación durarán dous ou tres días

O Concello abriu un operativo de suministro en diferentes horas do día para garantir o abastecemento aos veciños máis afectados- os de Loira, Seixo e a estrada ás praias-. De 11 da mañá ao mediodía, recibirán auga os veciños da parte baixa de Seixo, o víal das praias e Loira; do mediodía a 1 da tarde, o mesmo chegará á parte alta- en rúas como Gago Mendoza, Ulloa ou Doutor Otero-.

O abastecemento podería repetirse polo serán se é posible ter máis auga nos depósitos– incluido o da Escola Naval Militar-, ainda asi, aumentarán as restricións pola falla de presión, á Maestranza, e as rúas Massoni e Jaime Janer. Ao mesmo tempo funciona xa a antiga tubaxe entre Pontevedra e Marín, ainda que o Concello advirte que “ten menos presión”.

 

Te podría interesar