RGPD - Cookies
Comarcas

O BNG de As Neves acusa ao alcalde de negarse a protexer aos veciños e pedir máis vixiancia porque roubaron no Concello

O grupo municipal do BNG en As Neves amosa a súa sorpresa pola actitude cínica do alcalde quen non tardou en pedir ao subdelegado do Goberno “maís vixiancia” logo do roubo do pasado día 31 no Concello.

Os concelleiros do Bloque Nacionalista Galego lembran que Raúl Emilio Castro, manifestou reiteradamente que “non pasaba nada” logo dos roubos e asaltos a empresas e veciños- varios con violencia, entrando nas casas de madrugada e agredindo aos seus moradores, entre eles persoas de idade avanzada-.

Foi o voceiro municipal do BNG, Xosé Manuel Rodríguez Méndez quen se puxo, naquelas datas, en contacto con Antonio Coello, subdelegado do Goberno en Pontevedra, para advertirlle desta situación e pedirlle máis proteción. Asimesmo, os concelleiros do BNG convocaron unha xuntanza con veciños de todas as parroquias e representantes de asociacións locais, ante a preocupación cidadá polos roubos e asaltos.

Naquela xuntanza aprobouse pedir a convocatoria dun Pleno extordinario da Corporación, o 30 de xuño, para afrontar, entre todos os concelleiros, este problema e aprobar as medidas que debían adoptarse.

No devandito Pleno, o alcalde rexeitou convocar á Xunta Local de Seguridade asegurando que As Neves “tiña un nivel de seguridade mellor que o de os concellos limítrofes”, afirmando que “a seguridade non é un tema que sexa competencia municipal, senon de a Garda Civil e da Subdelegación do Goberno na provincia” e negando, como solicitaba o BNG, o despliegue de máis axentes, e o aumento da vixianza e da proteción.

Agora, en declaracións á prensa, «Castro amosa que está máis preocupado porque entraran na Casa do Concellono que non hai medida de seguridade algunha, nin alarma nin cámaras- que nas casas dos veciños e nas empresas nevenses e solicita ao subdelegado do Goberno que aumente a vixiancia, algo que non quixo facer ao longo do ano maila á onda de roubos en diferentes parroquias».

 

También te puede interesar