RGPD - Cookies
Galicia

5.022 persoas menos nas oficinas de emprego da provincia de Pontevedra

5.022 pontevedreses deixaron de estar na lista do paro o mes pasado, segundo os datos difundidos este luns polo Ministerio de Emprego. En total, hai 96.276 persoas anotadas nas oficinas de emprego da provincia, 6.493 menos que o mes de xullo de 2013.

A baixada do paro está vencellada ao verán á vista do feito de que é no sector servizos onde hai menos anotados: 3.209 menos exactamente; na construción descendes os anotados en 865, en industria 804 mentres que medra en 103 o número de persoas sen emprego anterior.

Polo que atingue a Galicia, ao remate de xullo había anotadas nas Oficinas do Servizo Público de Emprego 240.279 personas, un 4,77 % menos que o mes anterior.

 

También te puede interesar