Galicia

Galicia, á cabeza do Estado en número de rapaces de ESO que estudan un segundo idioma estranxeiro

O 69,6% dos alumnos galegos de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) están a estudar un segundo idioma estranxeiro, segundo a última estatística sobre o ensino de linguas estranxeiras do Ministerio de Educación.

Galicia, Canarias e Asturias son as autonomías nas que máis alumnos estudan unha segunda lingua estranxeira, mentres que Cataluña, Euskadi, Baleares e Valencia son as que menos alumnos teñen nestas asignatura.

Os datos do curso 2011-2012, indica que a media de alumnos de ESO que cursa lingua estranxeira optativa, que debe ser ofertada en todos os centros, é do 42,5 %. Nos privados, a porcentaxe elévase ao 49,2 e nos públicos hai un 39 % de alumnos de secundaria matriculados nun segundo idioma. A lingua francesa é a máis estudada.

Cataluña é a comunidade na que esta porcentaxe é máis baixa (15%), seguida de Euskadi (22,1%), Baleares (26,7%), Valencia (32,8%) e Navarra (37%). Na media, sitúase La Rioja (42,2%), Madrid (42,7%) e Castilla e León (43,6%).

Por enriba da media, Ceuta (45,5%), Melilla (47%), Cantabria (49,4%), Murcia (49,8%), Extremadura (49,9%), Castilla-La Mancha (50,2%), Aragón (51,4%), Andalucía(55,2%), Asturias (62,3%), Canarias (68,1%) e Galicia (69,6%)

 

También te puede interesar