RGPD - Cookies
Galicia

Pechada de novo a A-8 entre os concellos lucenses de Abadín e Mondoñedo

Acidente na A-8 o pasado día 26

A autovía A-8 está pechada, de novo, ao tráfico- entre os concellos lucenses de Abadín e Mondoñedologo de estar aberta durante a tarde deste xoves. O treito abriuse onte ao mediodía pero, pasadas as 8 da tarde, volveuse pechar ao tráfico, segundo informou a DGT.

A causa foi a nula visibilidade na estrada pola néboa que facía completamente imposible circular dado que non era posible ver nada a menos de 4 metros de distancia. Á hora de redactar esta información, a Direción Xeral de Tráfico non sabía ainda se volverá a permitirse a circulación no devandito treito e, se fose así, cándo se autorizaría o paso de vehículos.

 

También te puede interesar