Galicia

Os pensionistas retornados terán 6 meses para pagar a Facenda e non afrontarán sanción algunha

Facenda abrirá un período de 6 meses, dende xaneiro do ano que ven, para que os emigrantes retornados con pensións de fora, poidan regularizalas sen ter que pagar sanción algunha. Así o reflicte o Proxecto de Lei de Reforma do IRPF e do Imposto da Renda dos Non Residentes, aprobado este venres polo Consello de Ministros.

A medida afecta a residentes no Estado que cobran unha pensión do exterior e, por tanto, abrangue, tamén, a pensionistas non españois.

Polas características destas persoas- pendionistas xa vellos que teñen máis dificultade para coñecer a lexislación logo de ter estado vivindo fora moitos anos e que, en xeral, non teñen moito patrimonio, o Goberno aprobou o devandito período para que poidan presentar autoliquidacións complementarias dos anos non prescritos nos que cobrasen a pensión e non a tivesen declarado.

Eso sí, non pagarán nin multas, nen recargos, nin intereses de demora pero terán que ingresar o 100% das súas obrigas tributarias polas pensións cobradas.

 

You may also like