Vigo al minuto

Mil vigueses anotáronse no plan de prácticas laborais da Deputacion de Pontevedra

En total, 1.000 persoas licenciadas, graduadas ou diplomadas de Vigo inscribíronse nas solicitudes da Deputación de Pontevedra para optar a contratos en empresas da provincia, dentro do Plan de Práctica Laboral para o ano 2014.

Unha oportunidade en 903 empresas, das cales, 160 son de Vigo; 78 de Pontevedra; 49 de O Salnés; 44 de Deza; 23 de O Morrazo; 18 de Caldas; 15 de O Baixo Miño; 10 de Tabeirós-Terra de Montes; e 3 da comarca de O Condado-A Paradanta. As titulacións máis demandadas polas compañías foron Administración de Empresas; Administración e Finanzas; Xestión Comercial e Marketing; Informática; Publicidade e Relacións Públicas.

A continuación, comeza o proceso selectivo para que os seleccionados inicien o periodo laboral en outubro. Na selección, valórase o currículo ou expedente académico (de 0 a 7 puntos); e a entrevista sobre o currículo e coñecementos relacionados coa titulación (de 0 a 3 puntos). Segundo a categoría, os becarios percibirán 800 euros mensuais para licenciados, graduados e diplomados; e de 700 euros al mes, os ciclos superiores.

 

You may also like