Máis de 100.000 sinaturas esixen unha Comisión de Investigación sobre o acidente de Angrois

Varios familiares das víctimas do Alvia na curva de A Grandeira o pasado día 24/Tresyuno Comunicación

A petición dunha Comisión de Investigación do Alvia que descarrilou en Angrois xa supera os 100.000 apoios na plataforma social Change. Ante a negativa do Goberno central e do PP, PSOE, CiU ou PNV en investigar a fondo a traxedia, un familiar das vítimas do tren, Óscar Nicolás Aloso, decidiu abrir esta petición.

“Naquel accidente non morreu só a miña irmá, morreron 81 persoas. Outras moitas quedaron con secuelas para sempre. Somos decenas as familias esnaquizadas que non poderemos esquecer xamais este accidente. Parece que os partidos políticos si”, escribe Óscar.

Hai que lembrar que, un ano despois da traxedia, os grandes partidos e o Goberno seguen sen querer chegar ata o fundo na busca de responsabilidades e, neste tempo, como denunciou nunha entrevista concedida a vigoalminuto a Teresa Gómez-Limón, deputada do Partido Popular na Asamblea de Madrid, non só non houbo demisión algunha, sinon que varios dos posibles responsables políticos foron premiados.

As dúas plataformas que agrupan ás vítimas do accidente insisten en reclamar xustiza e que se depuren “todas as responsabilidades”.

 

También te puede interesar