Vigo al día

Este martes, manifestación contra a eliminación do laboratorio central do novo hospital

A Xunta de persoal da Área sanitaria de Vigo convoca unha Manifestación-concentración este martes, 29 de xullo, ás 11 da mañá no Xeral “por un novo hospital de Vigo dotado de laboratorio central”. A mesma pasará pola Praza de España e voltará ao Xeral.

Os traballadores esixen ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS) que dote ao Novo Hospital de Vigo dun laboratorio central, así como o “cese do regueiro de privatizacións que este goberno está a promover na sanidade pública”.

A xunta de persoal subliña que dende o goberno decidiron entregar a construción do novo hospital a empresas e bancos para que o xestionen de forma privada, “multiplicando o prezo por 5 e recortando camas, dimensión e servizos, incluso segregando algúns deles como o laboratorio, privatizando a lavandería, cociña ou mantemento”.

Traballadores sanitarios e médicos califican de “inconcebible” desde un punto de vista científico que o novo hospital careza do devandito laboratorio e advirten que esta decisión suporá, ademáis dun peor servizo para os doentes, un risco moi serio para a súa saúde ademáis de que ista segregación “abre a porta a novas privatizacións de máis servizos que, de consentir a do laboratorio, serán moito máis doadas”.

 

También te puede interesar